Os viandantes de VilagarcÃa tiveron onte a oportunidade de se achegar dun xeito diferente á fotografÃa. O festival Proxecta 09 desenvolvÃa unha proxección na rúa de imaxes de diferentes creadores neste campo. Os fotoxornalistas Miguel Riopa e Xosé LuÃs Oubiña son os responsables dunha iniciativa que pretende achegar ao grande público unha arte que a miúdo fica esquecida.
“O festival naceu o ano pasado coa intención de facer algo que non habÃa ben feito en Galicia. A idea era amosarlle á xente de a pé o que é a fotografÃa”, explica Riopa. Para isto, os dous organizadores optaron por organizar unha proxección de imaxes ao ar libre. “O que facemos é sacar a foto á rúa. Aproveitando o bo tempo, a xente pode estar sentada e ollar o traballo dos profesionais da fotografÃa. Conseguir que alguén que non está afeito a esta arte se enganche a unha proxección é a nosa inquedanza”, lembra Riopa. A orixinal iniciativa conseguiu reunir un bo feixe de seguidores tanto na súa primeira edición como na xeira que se desenvolveu na noite de onte en VilagarcÃa.
Autores e expo
“Contamos con doce participantes de moi alta calidade”, explica este coordinador. Ramón Vaquero, Xosé Cendón, Miguel Muñiz, Mónica Vila ou Pep Bonet son algúns dos autores que achegaron as súas creación a esta experiencia. A maiores, nesta segunda edición o programa conta cunha mostra, xa convencional sobre fotoxornalismo. Our World Now 2, recolle no Auditorio da cidade o traballo de diferentes fotógrafos da axencia Reuters nunha escolma de máis de cen imaxes inédita en Galicia e en España.
Polo momento, e dado o éxito de público co que está a contar a iniciativa, é de agardar que teñamos en vindeiros anos novas edicións de Proxecta e que VilagarcÃa consiga un oco por dereito propio na axenda fotográfica do paÃs.