O fotoperiodista Emilio Morenatti protagoniza o festival Proxecta

As imaxes dunha decena de fotógrafos farán parte dunha proxección nocturna ao aire libre

| Santiago. Redacción | Seccións: Fotografía
Compartir:

As imaxes de Emilio Morenatti exhibiron desde sempre un decidido compromiso en retratar desastres, guerras e situacións de conflicto. Ata tal punto, que no ano 2006 foi secuestrado na cidade de Gaza. Hoxe, Morenatti contará a súa experiencia en primeira persona no marco de Proxecta, o festival da fotografía de Vilagarcía. Ademais da súa voz, poderase ver unha exposición coas súas imaxes na principal rúa da cidade baixo o título de Refuxiados. Canda iso, o programa inclúe unha serie de proxeccións fotográficas nocturnas ao aire libre no que se poderán ver fotos dos mellores fotoxornalistas do momento como o irané Reza, a portuguesa Teresa Sá, o vigués Jorge Candán e campión de España de fotografía e vídeo submarino ou o ourensán Manuel Outumuro, coñecido fotógrafo de moda.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Manuel Outumuro, Moda, Vilagarcía...