O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle desde onte a mostra "O anxo que nunca fun" do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro, que se poderá visitar no ata o 6 de xaneiro de 2025. Nesta exposición o artista nacido en A Merca en 1949 reproduce con imaxes actuais as súas memorias vitais vencelladas ás súas orixes e vila natal. A mostra comisariada por Inma Cortés e Silvia Omedes é froito do traballo realizado nos últimos 10 meses durante os cales se investigou no fondo fotográfico do autor, que representa e xestiona a Fundación Photographic Social Vision, para localizar aquelas imaxes que mellor plasmaran a influencia que tivo a súa infancia en A Merca e Ourense na súa obra posterior ademais de imaxes inéditas intentando recrear algúns recordos que permaneceron na súa memoria durante toda a súa vida, segundo explicou na inauguración Imma Cortés. Ambas series de imaxes configuran un relato que viaxa entre o pasado e o presente, e que axudan a entender mellor a obra deste recoñecido retratista e fotógrafo de moda que recibiu o Premio OurensanÃa en 2022. Manuel Outumuro asina tamén este ano o cartel do OUFF, que participa na organización da exposición xunto coa Deputación provincial de Ourense.