O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense está a acoller a obra do escultor Xosé Cid Menor (Santa Cruz da Rabeda, 1946) na exposición "Silencio e materia", comisariada por Rosendo Cid. Esta mostra serve para facer un repaso ao traballo artÃstico dun dos escultores galegos esenciais ao longo dos últimos 50 anos. Na mostra, que ocupa as dúas grandes salas expositivas do centro cultural e na que se poden ver algunhas pezas de gran formato, o artista presenta traballos en mármore, pedra, madeira, barro ou bronce que dialogan entre si nun espazo que se identifica co silencio. Tamén pode ollar o público diversas fotografÃas con imaxes de monumentos públicos que Xosé Cid ten espallados pola xeografÃa galega e diversos debuxos e bocetos que serviron de preludio para o seu posterior traballo. Na mostra quÃxose evidenciar o silencio como un elemento "activo e ineludible no seu quefacer escultórico, que fai de interlocutor coa materia para, paradoxalmente, facela falar". A mostra poderá visitarse entre o 11 de abril e o 2 de xuño de 2024.