Santiago Barreiros revisa cincuenta anos de carreira fotográfica

A exposición está aberta no Centro Marcos Valcárcel de Ourense ata o 23 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Foto: Santi Barreiros

Foto: Santi Barreiros

O fotógrafo Santiago Barreiros leva desde os anos 70 retratando o mundo ao redor dos rostros das persoas. O venres inaugurouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense a súa retrospectiva "Read me", unha selección de 100 fotografías especialmente centradas no retrato, a súa especialidade, e en branco e negro. A mostra recolle moitas caras coñecidas da cidade de Ourense e en especial da súa cultura e artes, aínda que incorpora tamén imaxes das súas viaxes polo mundo. A mostra está aberta ata o 23 de abril.

Que che parece esta nova?
166 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Barreiros, Barreiros, Marcos Valcárcel, Deputación de Ourense...