O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura O Amante do Papel

A exposición achega gravados históricos de figuras internacionais a Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura O Amante do Papel

Na tarde deste 12 de maio abre as súas portas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense O amante do papel. Cartografía dunha colección de gravado. Esta exposición comisariada por Rosario Sarmiento achega ao público unha selección de corenta e tres pezas orixinais desta arte seleccionadas dunha colección privada composta por dúas mil.

A mostra percorre esta disciplina entre o século XV e o XX a través de moitos dos nomes máis importantes que a practicaron, a incluír traballos nunca expostos de Picasso, Rembrandt, Durero, Marc Chagall, Rubens, Toulouse-Lautrec, Piranesi, Max Ernst ou Jorge Castillo entre outros nomes de relevancia internacional.

Segundo explicou a comisaria, a mostra artéllase de xeito "cronolóxico e temático, buscando reflexar os grandes nomes da historia da arte" e tratando cuestións como a relixión ou arquitectura e movementos como a art nouveau ou o surrealismo. O proxecto pode visitarse ata o vindeiro 10 de xullo.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Valcárcel, Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense, Rosario Sarmiento...