Destacados coleccionistas de arte ourensáns está a compartir as súas adquisicións dun xeito excepcional co público grazas a unha exposición que a Deputación provincial ven de inaugurar no centro cultural Marcos Valcárcel. A mostra "Arte privada en Ourense" reúne escultura e obras pictóricas de destacados artistas europeos dos séculos XVI ao XX, algunhas das cales se exhiben por primeira vez en público, pero que en calquera caso nunca se contemplaran exhibidas en conxunto.Arte privada en Ourense reflicte o entusiasmo dos coleccionistas, as súas querenzas, simpatías persoais, caprichos, obsesións. A selección descobre unha gran diversidade de temperamentos, porque cada colección manifesta a través das súas obras a identidade de cada comprador. Os visitantes poderán ver cadros asinados por importantes figuras do retrato, a paisaxe, o costumismo e a vangarda, como Bassano, Fortuny, Esquivel, Parada Justel, Sorolla, Van Dongen, Forain, Valtat, Castelao, Laxeiro, Dalí, Granell ou Fernández Mazas, e de escultores como Asorey e Benlliure. A exposición, destacou durante a súa inauguración a comisaria Ángeles Fernández, completarase cun catálogo que documentará cada unha das obras con fichas elaboradas por expertos en arte.
Na exposición, o visitante pode atopar creacións con nomes de retratistas tan importantes como Fortuny, Sorolla, Sotomayor e Cruz Herrera; paisaxistas como Pérez Villaamil, Ovidio Murguía, Carlos de Haes, LLorens, Cecilio Plá; pintura de xénero e historicista como Parada Justel, coa obra A morte do anarquista, unha das xoias desta exposición; e unha peza que gañou en 1909 a medalla de ouro na exposición rexional de Santiago: un tríptico de Castelao. Asemade, exhíbense obras de Elvira Santiso e María Corredoira, artistas que na súa época foron silenciadas. A mostra remata coas vangardas, artistas que romperon moldes en favor da modernidade absoluta, exhibindo obras de nomes internacionais como Rousseau, Forain, Van Donguen, Louis Valtat, que apostan por dar un paso adiante contundente, rompendo coa tradición; e tamén figuran creacións dos galegos Granell, Fernández Mazas e Laxeiro.