O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense é o novo lugar de expansión e presentación da colección de arte do Centro galego de Arte Contemporánea (CGAC) fóra de Santiago, dentro da estratexia da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade. Menos dun mes tras da apertura da exposición "Pingas rompentes" no Museo do mar de Vigo con fondos do CGAC, agora ven de abrirse ao público a mostra " Néboas de luz", coa que a Xunta leva a colección do CGAC á cidade das Burgas. A iniciativa enmárcase no proxecto itinerante 'Unha mirada a Galicia', que se asoma á creación contemporánea galega a través da colección do centro. A Xunta de Galicia xa anunciou tamén a súa intención de abrir novas sedes permanentes do CGAC en Vigo e Lugo.
Comisariada por Sara Donoso, a mostra inaugurada este xoves coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, ofrece unha selección de pezas de Pablo Barreiro, Andrea Costas, Tamara Feijoo, Amaya González Reyes, Menchu Lamas, Juan López, Loreto MartÃnez Troncoso, Ana Pérez Ventura, Isaac Pérez Vicente, Carlos RodrÃguez-Méndez, Mauro Trastoy e Christian Villamide. Todas elas fóronse incorporando nos últimos anos aos fondos do CGAC. A escolma de obras exposta en Ourense mostra algúns dos enfoques narrativos e abordaxes plásticas que foron construÃndo parte da memoria visual da Galicia máis recente. O nome da exposición xorde a partir dunha das obras fotográficas, titulada VÃa Láctea, e coa que a súa autora, Andrea Costas, fai referencia á lactación a través do mito da formación da galaxia. Como ese grupo de estrelas que deixa unha néboa luminosa, nesta selección de artistas e obras tamén se producen colisións e rozamentos que interactúan entre si e compoñen un percorrido.
Xunto ao secretario xeral de Cultura, no acto participaron tamén o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea, asà como a comisaria da exposición, Sara Donoso, e os directores do CGAC, Santiago Olmo, e do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González. Ademais, estiveron presentes artistas cuxas obras forman parte da mostra, como Pablo Barreiro, Andrea Costas, Juan López, Ana Pérez Ventura ou Christian Villamide. "Néboas de luz" permanecerá nas salas 0 e 1 do Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 16 de xaneiro de 2022.