O CGAC celebrará este ano o seu aniversario con varias exposicións e actividades nas que repasará a súa traxectoria de 30 anos como referencia pública da arte contemporánea en Galicia. O centro programa para este ano conmemorativo ata medio cento de accións, entre elas varias exposicións, dúas delas fóra das súas salas, unha na Cidade da Cultura de Galicia e outra no Museo do mar, en Vigo. O propio director do CGAC, Santiago Olmo, será o comisario da exposición retrospectiva "Un traballo en equipo: revisión histórica do CGAC", coa que repasará a historia do centro a través de pezas significativas, tanto da colección que mantén como de proxectos expositivos levados a cabo nestas tres décadas. A mostra será inaugurada o 7 de xullo e contará con obras de Maruja Mallo, Luis Gordillo, Berta Cáccamo ou Nicolás Combarro, entre outros.
Xustamente unha exposición de Maruja Mallo foi a que serviu para abrir o CGAC en 1993. Ademais, o día que se cumpre o aniversario, o 29 de setembro, está prevista a inauguración da mostra "Implosion. A arte conceptual na colección CGAC", comisariada por Pedro de Llano Neira e terán lugar varios actos festivos actividades para todos os públicos, nunha xornada que incluirá concertos, danza vertical e un espectáculo de video mapping.
Segundo o programa deste ano de conmemoración do centro, dado a coñecer onte polo titular da carteira autonómica de Cultura, Román Rodríguez, acompañado do director do CGAC e do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, as salas do Museo da Cidade da Cultura de Galicia acollerán no mes de xullo a exposición graficamente titulada "A colección CGAC na Cidade da Cultura". Esta iniciativa suporá a primeira colaboración entre as dúas institucións culturais da Xunta de Galicia e, segundo se afirma desde a Consellería, permitirá ver pezas que polo seu grande formato, polo seu tamaño ou volume, resulta difícil poder velas xuntas nas salas do propio CGAC. No programa de actividades tamén compre destacar as intervencións específicas dos artistas Ernesto Neto, Almudena Fernández, que tamén presentará a súa exposición 'O que a pintura non é', e Suso Fandiño, así como as exposicións 'Guerrilla Girls'; 'RE-VISIÓN(S) "Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto"', de Olga Mesa; e 'A beirarrúa', por Asghar Farhadi tamén. Entre os obxectivos para este 2023 expostos para o centro polo Conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, está o de superar os 50.000 visitantes que pasaron por alí o pasado ano, malia non ser este Ano Santo. Con todo, estas cifras están lonxe da máximas acadadas polo centro en 2012, moi cerca dos 100.000 visitantes.