O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), dependente da Xunta de Galicia ten un pé posto en Vigo tras da inauguración no Museo do Mar de Galicia da exposición "Pingas rompentes", coa que a Xunta leva alí fondos da colección do CGAC. Comisariada por Sara Donoso, a mostra ofrece unha selección de fondos específica para o centro museístico vigués, con obras de Carla Andrade, Berta Cáccamo, Eva Díez, Christian García Bello, Xurxo Gómez Chao, Vítor Mejuto, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Pamen Pereira e Andrés Pinal. Segundo sinalou o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo na inauguración, a iniciativa enmárcase no proxecto itinerante 'Unha mirada a Galicia', que se asoma á creación contemporánea galega a través da colección do CGAC. No caso da instalación inaugurada en Alcabre, creouse "un relato conxunto que visibiliza o interese pola auga, os seus tránsitos e derivacións, que en cada caso se asumen desde o político, o estético ou o social".
Como complemento da exposición, a artista Carme Nogueira realizará en novembro unha actividade que abrangue reflexións arredor do crecemento da cidade de Vigo, os seus fluxos, a influencia do mar e as súas dinámicas. Así, partindo da peza O Porto (do proxecto Porteños) que presenta na mostra como un relato cruzado entre Chile e Galicia a través da influencia do mar, terá lugar un encontro co público no porto de Vigo para reflexionar sobre a influencia deste espazo na construción da cidade. Deste xeito, a artista activará a obra máis aló da contorna expositiva, convidando aos presentes a preguntarse pola influencia social, política e cultural das cidades portuarias. 'Pingas rompentes' permanecerá na sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia ata o 9 de xaneiro. Pódese visitar de balde de martes a venres, de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 horas.