Con motivo do 30 aniversario do Centro Galego de Arte Contemporánea, que se está a celebrar este ano cun programa de accións e exposicións, ven de abrirse a mostra "Traballo en equipo. 30 anos do CGAC", unha dobre cita expositiva na que o propio CGAC e o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura xuntan esforzos na organización de dúas mostras complementarias pero independentes que arrancan de xeito simultáneo en ambas sedes. "Traballo en equipo" supón a oportunidade única de ver unha selecta escolma de pezas e artistas da Colección CGAC, exhibidas por vez primeira en conxunto, que permiten non só trazar a liña de vida dos 30 anos do centro, senón tamén afondar nos cambios sociais, artísticos e culturais das últimas décadas a través da arte contemporánea. A dupla mostra está comisariada por Santiago Olmo, director do CGAC, e Verónica Santos, coordinadora de exposicións do Museo Centro Gaiás. Ambos destacaron onte na inauguración que se trata de dúas exposicións "parte dun mesmo proxecto, independentes e ao tempo complementarias, que poden visitarse sen que exista unha orde preestablecida ou de prioridade". Ambas as dúas, incidiu o director do CGAC, "axudan a comprender e coñecer o centro e poñen o acento no esforzo colectivo de todas as persoas que, ao longo destas tres décadas, viñeron contribuíndo a construír e consolidar un proxecto esencial para a cultura e a arte en Galicia".
Unha historia posible
Nesta dobre cita expositiva, a sede do Centro Galego de Arte Contemporánea presenta ata o 7 de xaneiro de 2024, baixo o título "Unha historia posible do CGAC", un percorrido polas exposicións, actividades e publicacións promovidas polo centro desde a súa creación, con especial atención aos fitos e pezas singulares que marcaron a súa historia e, paralelamente, a evolución do contexto artístico en Galicia. Mediante un itinerario expositivo artellado entre a planta baixa e o soto, amósanse pezas da colección CGAC e algunhas outras en préstamo que permitirán visualizar exposicións individuais e proxectos colectivos, con obras de nomes como Giovanni Anselmo, Esther Ferrer, Ángela de la Cruz, Hisae Ikenaga, Tracey Moffat, Valentín Vallhonrat, Dora García, Menchu Lamas ou Pamen Pereira, entre outros moitos.
Por outra banda, o Museo Centro Gaiás acolle ata o 15 de outubro deste ano a mostra "Relatos contemporáneos desde a colección CGAC", na que se achega a algúns dos temas do mundo contemporáneo como a ecoloxía, o feminismo, o poscolonialismo ou a arquitectura. Faino a través dunha escolma de medio centenar de pezas da Colección CGAC, asinadas por artistas como Giuseppe Penone, Mona Hatoum, Tono Carbajo, Francisco Leiro, Berta Cáccamo, Mar Vicente, Marlon de Azambuja, Juan Gopar, Jorge Perianes, Patrick Hamilton, Ângela Ferreira, Suso Fandiño ou Mónica Alonso.