O CGAC completa hoxe con dúas novas mostras o seu programa de exposicións semestral

En 'Pauline Oliveros. Retrospectiva' repásase a longa traxectoria desta artista da música electrónica

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas CulturaisExposicións
Compartir:
Peza da exposición     Fonte: CGAC

Peza da exposición Fonte: CGAC

A volta á actividade do Centro galego de Arte Contemporánea (CGAC) culmínase hoxe coa apertura de dúas mostras que veñen engadirse nos espazos do centro ao proxecto Cultivar incertezas. Reformular o espazo/conmocionar a mirada, actualmente en exposición. O director do CGAC, Santiago Olmo, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou a apertura destas novas ofertas expositivas: Pauline Oliveros. Retrospectiva, e Breaking the Monument.

Organizada en colaboración co C3A de Córdoba, Pauline Oliveros. Retrospectiva repasa a traxectoria desta pioneira da música electrónica e creadora do concepto da Escoita Profunda. A mostra, que se pode visitar desde hoxe ata o 13 de xuño, está comisariada por Álvaro Rodríguez Fominaya, que esta mesma tarde ofrecerá unha conferencia sonora arredor da mesma. A exposición organízase a través de máis de 100 documentos, entre os que hai composicións, cartas, ensaios, fotografías, audios e vídeos que relatan toda a súa traxectoria e traballo no ámbito da improvisación, a meditación, a performance e a música electrónica. Entre os materiais seleccionados pódese ver o método de traballo de Pauline Oliveros, a través dos numerosos bosquexos e versións executadas para as distintas obras. Así mesmo, hai unha sección dedicada aos traballos relacionados coa tecnoloxía, dado que Pauline Oliveros foi unha pioneira das actuacións telemáticas, realizando a primeira en 1996, e traballou durante toda a súa traxectoria con programación informática, novos instrumentos e aplicacións.

Pola súa banda Breaking the Monument (Images of resistance) mostra en diálogo unha selección de obras de artistas que, procedentes de contextos culturais e políticos moi diferentes, cuestionan as fórmulas monumentais tradicionais da historia da arte canónica, así como os valores sociais establecidos polas súas respectivas tradicións e polas convencións internacionais.Esta mostra está comisariada por Fernando Gómez de la Cuesta e o propio director do CGAC, Santiago Olmo.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Santiago Olmo, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Tecnoloxía...