O 16 de febreiro do ano 2024 inaugurarase no Centro Galego de Arte Contemporánea a exposición 'Antón Lamazares, Inda é día', que fai un percorrido pola obra do artista da man do comisario António Gonçalves e que ocupará a totalidade do espazo do CGAC ata o 5 de maio. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado polo director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago Olmo, presentou esta vindeira exposición entre a programación anual de exposicións e actividades do centro para o ano 2024, que ofrecerá un total de 11 exposicións programadas.
Antón Lamazares (Lalín, 1954) é un artista plástico con recoñecemento internacional, vencellado nos seus inicios ao Grupo Atlántica. Esta será a segunda vez que o CGAC ofrece unha mostra individual do pintor, tendo que remontarnos a 1996 para a anterior. Para a presente mostra, a Xunta ven de sacar a licitación os servizos de montaxe e desmontaxe da exposición así como de traslado das obras que a van integrar. En total o valor estimado de ambos servizos supera os 52.000 euros (máis IVE), e polos seus pregos técnicos podemos saber que está prevista a utilización de todas as salas de exposición do CGAC como superficie expositiva, e que en total prevese a chegada ao CGAC dun total de 220 obras do pintor, todas elas propiedade particular do artista e que se recollerán en Madrid no seu domicilio e en dúas naves das que dispón nun polígono industrial.
No relativo ao resto do programa anual do CGAC, segundo os avances comunicados, de marzo a xullo poderá verse a mostra 'San Pedro: Experiencias dun barrio', un traballo resultado do taller 'No espazo e na voz lemos o tempo'. Doutra banda, do 7 de xuño ao 1 de setembro, o CGAC divulgará a mostra Resignificacións, dedicada ao traballo en común entre Concha Jerez e José Iges. Este traballo incide na performance, na instalación de fondo crítico e na importancia da arte sonora. Santiago Olmo comisariará, do 24 de maio ao 8 de setembro, unha recompilación da obra de Priscila Monge, frecuentemente incluída na escena posconceptual latinoamericana dos 90. No marco do programa de artistas de media carreira, o CGAC presentará, do 20 de setembro a xaneiro de 2025, unha mostra individual comisariada por Monse Cea sobre a artista Mar Caldas, pioneira da arte feminista en Galicia. Por último, do 1 de outubro e ata xaneiro de 2025, Nicolás Combarro e Miguel Ángel Delgado achegarán ao público a exposición 'Novos Imaxinarios', sobre o cinema contemporáneo. O museo tamén acollerá encontros arredor de coleccións públicas de arte contemporánea para debater entre os participantes, así como unha charla-concerto en memoria da soprano María Callas ou un curso sobre o cinema no Camiño. Ademais, haberá variadas actividades relacionadas coas exposicións do 2024.
Peche do 30 aniversario
Como peche do 30 aniversario do CGAC que se estivo a celebrar este ano, estarán dispoñibles ata o vindeiro 14 de xaneiro varios traballos. Os interesados poden visitar a mostra Implosión, a arte conceptual na colección CGAC comisariada por Pedro de Llano, mentres que 'Traballo en equipo', comisariada por Santiago Olmo, pode aínda verse ata o 7 de xaneiro.
No hall do CGAC estará ata o 14 de xaneiro a intervención 'Flor e acanto' de Almudena Fernández Fariña, un diálogo contraposto entre a arquitectura minimalista de Álvaro Siza e o barroquismo do convento de San Domingos de Bonaval, así como a intervención de Suso Fandiño na terraza do edificio, baixo o título 'O CGAC está aquí'. Tamén ata o mesmo día estará instalada 'A Profundidade do corpo: a Onda' de Ernesto Neto.