A sede da Fundación DIDAC en Santiago de Compostela abre este sábado 11 de febreiro a exposición Unha colección privada. David Barro comisarÃa este proxecto que achega ao público unha selección de pezas tirada dunha colección de arte elaborada desde 1986 por dúas persoas e que combina nomes internacionais e ibéricos como Ignasi AballÃ, Helena Almeida, Sophie Calle, José Pedro Croft, Stan Douglas, Dora GarcÃa, João Louro, Vivian Maier, VÃtor Mejuto, Matt Mullican, Lucio Muñoz, Melik Ohanian, Pamen Pereira, Rui Valerio, Eulà lia Valldosera, Lawrence Weiner ou Francesca Woodman.
Segundo explica a presentación da mostra "tentar abarcar nunha exposición unha colección particular é tarefa imposible, aÃnda que si podemos aprehender algúns dos seus relatos: os que nos falan de conceptos; os que nos abocan ao misterio dos obxectos; as paisaxes que, como na obra de Cristina Garrido, son tantas e tan ricas en matices como queiramos proxectar; as que nos mergullan en valores abstractos; ou as que nos conducen ao universo da outredade. Todo cabe no universo calidoscópico dunha colección privada, máxime cando é produto de dúas miradas atentas. Porque asà é como ocorreu".
A amosar unha serie de pezas adquiridas ao longo do tempo, "esta colección é algo asà como unha obra aberta, como tentar penetrar na mente doutro, introducirse na vida dos outros como posibilidade incerta, transportarse alén. Por iso é polo que moitas das obras seleccionadas aséntanse nesa lóxica, de Phil Collins a Nan Goldin, de Nobuyoshi Araki a Paul Graham, de Julião Sarmento a Hilla Kurki. Porque se algunhas obras nos conducen á contemplación, desde Berta Cáccamo a Soledad Sevilla; outras asÃntanse máis no campo da mirada, como a fotografÃa de Robert Mapplethorpe ou a pintura de Merlin Carpenter". A exposición poderá verse ata o vindeiro 28 de abril.