Unha xornada presenta os resultados das últimas campañas arqueolóxicas en Lugo

Celebrarase na Delegación da Xunta en Lugo o sábado 4 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Consellería de Cultura organiza as I Xornadas pedagóxicas de arqueoloxía lucense, co obxectivo de "achegar á cidadanía os coñecementos obtidos durante as últimas intervencións promovidas pola Consellería nalgúns dos xacementos máis singulares da provincia". O evento celebrarse o sábado 4 de outubro no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en horario de mañá e tarde, comezando ás 09.30. A xornada comezará co catedrático Ramón Fábregas ao redor das ocupacións humanas na provincia, seguido da profesora María Pilar Prieto falará do Corro dos Mouros de Adai (Lugo), Benito Vilas e Xosé Gago do xacemento de Penas do Castelo (A Pobra do Brollón), Emilio Ramil sobre o castro de Saa (A Pastoriza), Yolanda Álvarez e Luis F. López sobre o castro do Teso da Ermida (Navia de Suarna), Brais Currás sobre o monte Cido e o ciclo rematará con Francisco Alonso Toucido ao redor do xacemento romano de Proendos (Sober) e Xurxo Ayán e Sonia García sobre o sitio medieval do Preguntoiro, en Pantón.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O castro menos castro

O castro menos castro

A nova intervención en Penas do Castelo desvela unha estrutura inédita na Idade do Ferro galega

Vivir ao redor dun monumento

Vivir ao redor dun monumento

As intervencións nas rodas de Vilarello (A Pobra do Brollón) e Corro dos Mouros (Lugo) permiten avanzar no coñecemento destas estruturas da Idade do Bronce

Unha roda vestida de seixo

Unha roda vestida de seixo

Remata a intervención na roda prehistórica de Adai (Lugo) constatando a similaridade entre todas as xa escavadas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Xurxo Ayán, Ramón Fábregas, Sonia García...