
O xacemento arqueolóxico de Teso da Ermida, situado nos Ancares-Courel ten a condición de ben catalogado do Patrimonio Cultural de Galicia. É un asentamento de tipo castrexo que destaca por estar relacionado coa explotación do ouro asà como por amosar o perÃodo de transición das culturas prerromanas ao mundo romano.
Despois de realizar traballos de roza e limpeza baixo control arqueolóxico -que permitiu localizar restos e indicios de estruturas relacionadas co hábitat do xacemento- a Xunta emprendeu a actual campaña na que se descubriron restos de dúas vivendas completas e cinco de forma parcial. As estruturas atopadas no interior do xacemento presentan unha conservación única no mundo castrexo, segundo asegura o comunicado emitido pola Xunta.
Gran conservación
Desde a ConsellerÃa indican que nun sector da escavación atopáronse restos dunha vivenda que aÃnda ten en pé paramentos de case 4 metros de altura. Pola súa banda. nos muros aparece un rebaixe no perÃmetro da parte alta para o andar superior o que permite, indican, confirmar hipóteses xa valoradas para o castro de Santa MarÃa sito no veciño concello de Cervantes. A vivenda descuberta conserva un fogar central protexido por un pequeno muro que fai de para ventos fronte á porta que neste caso non conserva apenas alzado. Outro elemento importante documentado no interior da vivenda é un banco corrido sito fronte ao fogar.
Durante os traballos de escavación recolléronse de xeito especÃfico numerosas mostras do seu interior para poder avaliar posteriormente cos resultados dos laboratorios tanto datacións máis concretas como o tipo de paisaxe do entorno do castro a partir da análise dos restos paleobotánicos. Destacan desde A Xunta a excepcional conservación dos restos atopados, e tamén o achado de materiais asociados ao mundo romano como pezas de cerámica Terra Sigillata asà como unha moeda de bronce aÃnda en proceso de restauración e estudo.