Sada abrirá a casa-museo do pintor Fernández Rivas

Permitirá acceder a unha exposición permanente con robras que reflicten a súa traxectoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Eduardo Fernández Rivas   Foto: Memoria de Sada

Eduardo Fernández Rivas Foto: Memoria de Sada

Cando fan case nove anos desde a morte na Coruña do pintor Eduardo Fernández Rivas (1948 -2016), a súa casa natal en Fiunchedo (Sada) está a piques de abrirse ao público como casa-museo dedicada á vida e obra do artista. Segundo explica hoxe o xornal La Opinión A Coruña, por iniciativa da familia do pintor, e contando cos apoios do Concello de Sada, a Deputación Provincial da Coruña e a asociación Irmáns Suárez Picallo, inaugurarase o vindeiro 27 de setembro este espazo como galería onde poderá verse un percorrido pola súa traxectoria artística cos distintos estilos que chegou a traballar.

Eduardo Fernández Rivas, coñecido artísticamente como 'Rivas', naceu e viviu no Fiunchedo, onde tiña o seu estudio. Nos seus primeiros pasos como pintor en Sada dá clases de pintura e debuxo con D. Salvador Querolt, acadando xa aos 14 anos un premio de pintura, posteriormente na Coruña acode a clases na Escola de Artes e Oficios. Fixo varias exposicións en distintos puntos de Galicia e España e tamén en Boloña ( Italia ) e Nova York. A súa obra enmárcase nas tendencias artísticas e inquedanzas da xeración dos setenta. Artisticamente traballou todo tipo de pintura como figuración, retrato, cubismo e abstracción, tanto creativa como figurativa. En canto técnica fixo uso de óleo, acuarela, debuxo, etc.

Que che parece esta nova?
148 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Morte, Galería, La Opinión...