É o autor da escultura en forma de pez que loce no exterior do Aquarium Finisterrae, ou da obra de gran formato que está casa oficial do presidente da Xunta en Monte PÃo. Jorge Peteiro (A Coruña, 1959- Sada, 2013) faleceu onte na súa casa-obradoiro de Sada por mor dun cancro. Deixa unha traxectoria relevante no eido da pintura, aÃnda que tamén cultivou outros xéneros, e que se iniciu nos anos setenta entre o teatro, os fanzines e os murais urbanos. Os restos mortais de Peteiro serán incinerados esta tarde (17:00 horas).
Os toques de luz e unha variedade cromática caracterizaron as obras deste creador que alén da pintura cultivou outros xéneros: murais, esculturas e gravados. Foi profesor de secundaria en varios centros galegos ata 1990, cando se trasladou a vivir a Nova York. Foi alà onde a súa carreira deu un xiro que logo se estenderÃa á súa volta en Galicia.