94 pezas para contar a "alegría de vivir" de Jorge Peteiro

O Kiosco Alfonso acole a mostra "Peteiro" ata o 21 de xullo

26/4/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
39 lecturas | Compartido 0 veces

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, durante a inauguración de 'Peteiro'. Foto: concello da Coruña

94 obras de 21 entidades públicas, privadas e prestadores individuais permiten entrar no "coñecemento do seu pensamento e sentimento artístico", explican. As obras permiten coñecer a etapa máis fértil e produtiva do arista coruñés Jorge Peteiro, finado en 2013. A exposición, que se pode visitar no Kiosco Alfonso ata o 21 de xullo, está comisariada por Pedro Vasco xunto con Beatriz García Trillo, artista e viúva de Jorge Peteiro. Durante a inauguración, a alcaldesa Inés Rey referiuse a Peteiro como un artista que creou "un imperio de soños e fantasías" e aludiu a que "comopartía o seu lado máis bohemio con artistas coetáneos como Xaime Cabanas ou Correa Corredoira".

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas