O Concello da Coruña réndelle homenaxe á figura de Xaime Cabanas (1953-2013) cunha gran exposición distribuÃda no Quiosco Alfonso e Palexco, e diversas actividades paralelas como visitas guiadas, coincidindo co décimo aniversario do seu falecemento. Comisariada por Carlos Pita e Perico Vasco, "MMXXIII Cabanas", que estará aberta en ambos espazos de luns a domingo ata o vindeiro 19 de marzo, é unha das grandes exposicións deste ano na Coruña. O corpus de obra está formado por cesións de obra pictórica de gran formato procedente das máis importantes coleccións privadas e públicas e principalmente do legado familiar. Son aproximadamente noventa obras de gran formato, aÃnda que a mostra lle dedica especial importancia tamén aos numerosos bosquexos e pequena obra en papel que figura en arquivos particulares e na súa propia familia, xa que se poden contemplar un total de 124 destas pequenas pezas. Integrada na mostra hai unha exposición fotográfica sobre Cabanas onde se pode ver o seu estudo e como o retrataron os fotógrafos Juan RodrÃguez, Xoan Piñón, Xurxo Lobato e Vari Caramés.
A exposición promovida polo Concello desenvólvese coincidindo co décimo aniversario do repentino falecemento de Cabanas, e cando deberÃa ter cumprido 70 anos de idade e 22 anos despois da súa última mostra na súa cidade. Neste sentido, a alcaldesa Inés Rey subliñou na inauguración da exposición o pasado martes que o pintor coruñés sempre entendeu a cultura como un valor de cohesión social, fundamentalmente a través da súa ligazón coa Coruña e coa súa predilección polo cotián, que reinterpretaba cunha visión moi persoal, cargada en moitas ocasións de reflexións sobre a vida e a arte. "Autodidacta, irreverente, mordaz, bohemio, universal, libre. Todo iso era Xaime Cabanas, pero eu só dirÃa que era de Monte Alto", resumiu a alcaldesa para referirse ao artista, un dos principais protagonistas da renovación das artes plásticas en Galicia, para engadir que "falar de Cabanas é falar dos principais grupos artÃsticos e intelectuais galegos, como Sisga, A Carón, Galga, Atlántica, GrupOrzán, pero tamén é falar de Monte Alto, de Santo Amaro, do Orzán, da noite coruñesa, do Patacón, do Taller, do Bravú, do Dépor; porque falar de Cabanas é falar da Coruña".