O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución das axudas a autores galegos para participar en residencias literarias fóra da nosa comunidade. Este ano os autores e autoras seleccionadas son Ramón Caride, Raquel Senra, Nerea Pallares, José LuÃs Baños, Mirian Couceiro e Ana Belén Gutiérrez, que estarán en residencias de Xixón, Noruega, AlmerÃa, México e Madrid. A Xunta dirixe esta liña de axudas a profesionais da creación literaria co obxectivo de promover a internacionalización das letras galegas e impulsar as relacións con outros centros culturais referentes.
A ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude destina a estas axudas un orzamento de máis de 10.400€ destinados a colaborar coas persoas creadoras para que poidan realizar a tradución das súas obras nunha estadÃa que favorece o proceso de investigación previo á creación do libro e que proporcione un espazo e ambiente de traballo que lles permite continuar co desenvolvemento dun proxecto xa iniciado. Os importes concedidos a cada persoa van desde os 784€ ata os 2.245,60€, que se destinarán a gastos de viaxe, de transportes internos, de aloxamento e manutención, de subscrición dunha póliza de seguro de viaxe e outra médica.