A Xunta dedica 20.000 euros a residencias literarias no estranxeiro

As subvencións están dirixidas a profesionais da creación literaria galegos

27/7/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Políticas CulturaisLiteratura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria pola que a a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades abre o prazo para solicitar subvencións a estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia. O goberno autonómico destina 20.000 euros de orzamento a estas axudas dirixidas a profesionais da creación literaria galegos, entendendo como tales as persoas que interveñen no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro. Esta liña de subvencións teñen como obxectivo fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia e contempla importes de entre 500 euros e 1.600 euros por persoa, dependendo se a estadía é en España ou fora de Europa e a conca do Mediterráneo. As estadías terán como finalidade que as persoas creadoras realicen a tradución das súas obras, que a súa estadía sexa necesaria para o proceso de investigación previo á creación da obra obxecto da residencia ou que precisen dun espazo e ambiente de traballo que lle permita continuar co desenvolvemento dun proxecto xa iniciado.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Educación, Consellería de Cultura, Mediterráneo...