Abre en Vigo a segunda das galerías da Fundación Feima para promover a arte galega

A rede completarase proximamente con dous novos espazos en Madrid e Xixón

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Esta fin de semana abría en Vigo a Galería Metro (Rúa López de Neira, 3). Unha entidade dirixida por Patricia Ballesteros co obxectivo de promover a arte galega. De feito, a mostra Referentes I pretende ser unha síntese da súa filosofía ao presentar obras de Luis Caruncho, Anton Lamazares, Manolo Moldes, Morquecho, Antonio Mourado ou Antón Pulido, entre outros. Este espazo é unha mostra máis do proxecto galerístico que a Fundación Feima abriu hai un ano en Santiago (Rúa Nova, 24) e ao que pretende incorporar sumar dúas máis en Madrid e Xixón. Javier Blanco, director da rede de Galerías Metro, asegura que “o obxectivo é dar a coñecer a arte galega”.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Vigo, Madrid, Xixón...

Claves

Conceptos