Seguidores pero non fieis

Metro e Moret Art confían en ART Madrid para a súa presenza en Madrid

Corredores de ArtMadrid
Corredores de ArtMadrid
Naceu hai sete anos co obxectivo de romperlle un teito de cristal á Feria de Arte Contemporánea ARCO. Deulle acubillo a numerosas galerías que, desencantadas ou desacartadas polor rumbo desa feira, viron en ART Madrid un aliado. Esta edición, malia as 58 galerías participantes e rivalidade de JustMAD que xa lle comeu mercado en só tres edicións, ART Madrid defende a súa aposta. Entre os espazos, dúas galerías galegas. Metro e Moret Art.

“Comezamos en ART Madrid a nosa andaina en feiras e o certo é que na sección de Young Art nos sentimos moi cómodos, asegura Nuria Blanco, directora de Moret Art. Son catro as edicións as que este espazo de arte coruñés leva asistindo ao encontro. “De momento, esta é a nosa cita, pero para o ano que vén nos pode interesar estar en Just Madrid” asegura Nuria.

A súa opinión é compartida por Javier Blanco, director da Galería Metro que tamén está presente nesta feira. “Nesta ocasión decidimos cambiar o modelo co que nós asistíamos a esta feira e optamos por presentarnos a esa sección nova (One Project) na que se selecciona un único proxecto”. Neste caso Metro reforzou a súa aposta por un creador, Suso Basterrechea, (el protagoniza a última estrea da galería que terá lugar o venres 27 de febreiro) no que confiamos” asegura. Pero tamén advirte, “ao mellor o ano que vén nos interesa estar tanto aquí como en outra feira, todo dependerá do formato”.

Tanto Nuria como Javier teñen claro que hai que estar en Madrid nesas datas. “Son tres feiras, moitos coleccionistas, moitos máis afeccionados á arte… non existe outra opción” asegura Javier que tamén lle recoñece a ART Madrid as súas virtudes. Na súa opinión “é unha feira que ten moito público porque, tanto a nivel de forma e de propostas artísticas é para un público maioritario”.

O contexto actual
Este ano, malia a crise, o espazo de arte coruñés Moret ART seguirá fiel á súa proposta. “A selección fixémola mantendo os criterios de sempre, que teña unha variedade adecuada e representativa cun 50% de artistas galegos, porque é moi importante levar a grandes artistas que temos aquí e outro tanto de fóra” explica a directora. Esa paridade tamén a defenden nos formatos “buscamos o tamén a metade de fotografía e o resto pintura e escultura”. Iván Prieto, Jano Muñoz, Pablo Gallo… son algusn dos artistas cuxa obra estará presente en Madrid. “Buscamos traballar con artistas novos, que están a empezar co que o risco cando vas a un encontro deste tipo é moito máis elevado” recoñece Nuria Blanco ao mesmo tempo que destacaa outra cara da moeda: é a única forma de visibilización posible. E iso é tan importante que xustifique a asistencia. É a mesma motivación que move a Metro, que recoñece que o nivel de negocio foi sempre secundario. “Hai veces que nos funcionou ben económicamente pero hai outras que non foi asi” recoñece Javier que este ano centra a súa proposta en promover o traballo recente do ferrolá Suso Basterrechea.

O espazo de Metro ofrecerá a obra de Basterrechea anegada de debuxos, pezas únicas e orixinais que falan dun discurso complexo, irónico e confuso. Inspirado na historia da arte contemporánea, na realidade social e na autobiografía. E para facelo, traballos están realizados con tinta, témpera e esmalte sobre papel.

Unha parada no camiño
Do mesmo xeito que fan outras galerías, a intención de Moret ART e de Metro é participar noutros encontros. Buscan citas que sexan asequibles económicamente e, ao mesmo tempo lle dea saída aos seus artistas. “Si que nos gustaría estar nalgunha feira en Europa (Londres e Berlín) pero hai que esperar a que teñamos a oportunidade de ir a nivel económico. Fai falta ben mecenas, ben asumilo por conta propia e iso é un nivel de investimento elevado” asume Javier Blanco.

Esta edición
O Pabillón de Cristal da Casa de Campo albergará as 58 galerías participantes divididas entre o programa xeral, o Young Art, e as novidosas One Project e Art Edition. Un total de 77 espacios expositivos distribuidos en 8.000 m2 para ofrecer unha aposta pola arte contemporánea. As citas deste encontro estarán entre 16 e o 19 de febreiroen Madrid.