Volve o ciclo 'Dramaturxias itinerantes', que desta volta escolleu obras "opostas en canto a estilo pero teñen en común que abordan a opresión á que se ve sometida a vontade das mulleres, condicionada por relacións que as asfixian e as enferman, tanto no ámbito persoal como no profesional". Deste xeito, as dramaturgas Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman (A PanadarÃa) dialogan coa portuguesa Inês Filipe, a partir das súas repspectivas obras As que limpan e A morte da sereia. Esta edición terá lugar este luns 10 de novembro (16:00 horas) no Centro de Cultura Politécnico do Porto e martes 11 na ESAD de Vigo (17:00 horas). O ciclo está organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración con diferentes entidades educativas e culturais de Galicia e Portugal.
Segundo o CCG: "as dúas pezas sobre as que se dialogará son radicalmente opostas en canto a estilo: se A PanadarÃa define As que limpan como “unha sátira sobre as camareiras de piso dos hoteis”, na que se relata a loita das traballadoras por un traballo digno, desde o humor e utilizando ao público como un personaxe máis, con continuas rupturas da cuarta parede; pola contra, A morte da sereia, de Inês Filipe, revisa a peza de Ibsen A dama do mar, recreada por Susan Sontang, mergullándose nun mundo simbólico e delicado, mais tamén utilizando o metateatro para achegarnos aos conflitos arredor do xénero, da familia e do que o poder nos di que é correcto".