O Teatro Helena Sá e Costa de Porto acolle na tarde deste 30 de novembro a primeira función da segunda xeira do proxecto Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes. O Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e, como novidade, a Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (ESMAE) coordinan este ciclo que quere visibilizar a escrita teatral máis contemporánea de Galicia e de Portugal.
Nesta xeira lévanse a escena textos da portuenseRita Pinheiro e de Laura Porto, nada en Covelo. Camaleoa. Do corpo a manifesto é o título da montaxe que abre o programa. Pinheiro leva a escena a proposta que fala "da adaptación do corpo, como espazo para se camuflar, mediante o ambiente onde se encontra ou o seu estado emocional".
Laura Porto, pola súa banda, achega Reino da extinción con Ainara Dalmau, Laura García, Dani Lago e Uxía Ocaña sobre as táboas. O encontro de catro personaxes de diferentes épocas da historia galega no Alén enfróntanse a un enigma e debe reflexionar sobre "a súa idea do que significa ser galegas, vivir en Galicia e falar galego".
A función do Porto será ás sete da tarde, hora local, e a segunda das montaxes poderá verse o vindeiro xoves 2 de decembro na sede da ESAD en Vigo ás 17 horas. Os textos escolleitos pódense consultar en forma de publicación no web do CCG.