
Na sesión, Ana Carreira lerá Un intre antes do solpor, texto galardoado co Premio Varela Buxán de Dramaturxia que conta os últimos solpores dunha parella de anciáns. Pola súa parte, Joana Craveiro lerá Atalhos, ou sobre o caminho mais comprido entre dois pontos, un texto documental sobre un grupo de mozas e mozos que parte nunha viaxe evocativa por diversas noticias de xornais e que será presentado polo alumnado da Escola Superior de Artes e Design das Caldas da Rainha, Portugal.
O ciclo continuará o mércores 2 de outubro na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e o dÃa 3 no Cine Teatro João Verde de Monção, onde se presentarán as mesmas pezas. O programa desenvólvese como unha colaboración entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e a rede Comédias do Minho.