O CCG comeza hoxe o ciclo 'Dramaturxias itinerantes' co Centro Camões luso

Dúas lecturas dramatizadas de autora contemporáneas terán lugar hoxe en Santiago e mañá en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroLinguaLiteratura
Compartir:
O CCG comeza hoxe o ciclo 'Dramaturxias itinerantes' co Centro Camões luso

O Consello da Cultura Galega (CCG), o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen hoxe en marcha o programa Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes, que ten por obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Ás 18:30, na sede do CCG inaugúrase en Galicia o ciclo cunha lectura de textos orixinais de Patrícia Portela e Lina Pérez nas voces de alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo "Eu.Experimento". Ademais haberá un encontro coas dúas escritoras. Esta actividade repetirase posteriormente en Vigo o martes 9 de abril, na propia ESAD ás 16:30 horas. Escudos Humanos. Uma peça de acção con muitas palavras de Patrícia Portela e Os cans non comprenden a Kandinsky de AveLina Pérez, serán as pezas escollidas para estas sesións. Por volta do verán, a actividade terá continuidade en terras portuguesas.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, ESAD, Avelina Pérez, Portugués...