Esther Carrodeguas e Cecilia Ferreira comparten unha nova sesión de Dramaturxias itinerantes

As autoras encóntranse hoxe en Vigo e mañá en Porto coas súas pezas

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
Esther Carrodeguas e Cecilia Ferreira comparten unha nova sesión de Dramaturxias itinerantes

Hoxe ten lugar unha nova sesión do programa "Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes, que ten como obxectivo promover un mellor coñecemento mutuo da escrita teatral máis contemporánea entre Galicia e Portugal. Este programa iniciado en 2019, froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e a Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (Esmae) do Porto (engadida neste 2023), articúlase con dúas intervencións por parte de dúas dramaturgas de ambos lugares, poñendo o foco nas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a forma e na dramaturxia de autoría feminina. A lusa Cecília Ferreira, coa peza " Dionísia" e a galega Esther F. Carrodeguas con "Supernormais" protagonizan esta xeira, que terá lugar hoxe ás 17:30 horas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo e mañá, 19 de xaneiro, ás 18:00h no Teatro Helena Sá e Costa do Porto. Esta sesión, así como as anteriores, poderán atoparse en edición dixital na web oficial do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Consello da Cultura Galega, Esther Carrodeguas...