
As galerÃas de arte atenden a unha múltiple perspectiva. En primeiro lugar achegan ao público diferentes propostas que permiten unha ollada múltiple sobre a realidade que nos rodea. En segundo lugar, potencian o traballo dos artistas, dinamizan o mercado da arte e contribúen a amosar experiencias culturais enriquecedoras. Segundo se describe na presentación desta actividade, as galerÃas de arte son "un modelo de negocio que navega entre un innegable amor á arte e un mercado da arte desnutrido, cambiante e inestable, sobre todo nos últimos tempos".
Cinco citas coa situación da arte
Arte en tempo real é un ciclo de cinco xornadas organizado pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas que pretende coñecer, en boca dos seus protagonistas, o estado actual da arte na nosa comunidade. No outono de 2024 analizouse a difÃcil situación que viven os artistas e o comisariado a nivel actual. Por diante quedan outras dúas xornadas para falar de museos, coleccións e publicacións.