ABERTO'25 ofrece unha cita nas catro provincias coa arte contemporánea

Das dez galerías que conforman esta iniciativa a metade abren a tempada con artistas de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Lucía Carballeda Suárez (DUPLA) e Luísa Pita na presentación de Aberto'25 Foto: Contemporánea

Lucía Carballeda Suárez (DUPLA) e Luísa Pita na presentación de Aberto'25 Foto: Contemporánea

Por sexto ano consecutivo as galerías de arte contemporáneo reunidas na asociación Contemporánea abrirán a temporada expositiva de forma conxunta consolidando xa como cita ineludible coa arte en Galicia o evento 'ABERTO'. Dez galerías situadas nas catro provincias inaugurarán as súas novas exposicións entre o 18 e o 20 de setembro, conformando entre todas elas unha ruta pola arte contemporánea "para percorrer Galicia a golpe de arte", segundo explicou hoxe Lucía Carballeda Suárez, da galería DUPLA, na presentación do programa en Santiago de Compostela. Este ano a asociación e o evento gaña unha nova incorporación ao incluír á galería Néboa, de Lugo, amosando un crecemento continuado desde os inicios, cando eran catro as galerías participantes ata as dez actuais en poucos anos.

Das dez propostas que as galerías presentan desta tacada, a metade corresponden a artistas de Galicia. Será posible grazas a estes espazos acceder ás obras de xente como Montse Rego (Metro), Pablo Barreiro (Nordés), Vicente Blanco (Néboa), Lino Lago (moretart) e Alberto Ardid (Trinta). Noutros casos artistas de referencia como o sevillano Salustiano (Luísa Pita), o leonés Jonatan Notario (Marisa Marimón), a veterana Martha Araújo (PM8), Regina Giménez (Vilaseco) ou a proposta a dúo dos cataláns Samuel Salcedo e Sito Mújica (DUPLA), serán as que traian os discursos da contemporaneidade a esta cita conxunta xa consolidada na axenda anual.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DUPLA, Galerías de arte, Exposicións, Galería Néboa...