As galerías de arte contemporánea volven unir as súas exposicións en ABERTO

O 19 de setembro terá lugar a inauguración conxunta das exposicións coas que comeza a temporada

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Acto de presentacvión de ABERTO24   Foto_ Contemporánea

Acto de presentacvión de ABERTO24 Foto_ Contemporánea

As nove galerías que conforman a Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, organizarán quinto ano consecutivo un inicio de temporada coordinado entre elas. 'Aberto' é o nome que recibe esta iniciativa pola cal as nove conforman entre elas un programa de inauguracións concentrado os días 19 e 20 de setembro con que abrirán, nos catro puntos da xeografía galega na que están, diversas mostras de arte contemporáneo configurando unha oferta comunitaria de mostras paralelas.

O día 19 abrirán en Santiago a galería Dupla coa obra da coñecida artista urbana Lula Goce; en Trinta ese día comezará 'Amada' da artista Juana González; a galería Luisa Pita con 'Al otro lado del espejo' do artista ovetense Fernando Suárez Reguera; Metro inaugurará o mesmo día a mostra de Suso Basterrechea 'Tienes un gusto de mierda. Yo también'. A galería coruñesa Nordés ofrecerá obra do ourensano Ánxel Huete. Tamén na Coruña, en Moret ART, este ABERTOP presentará 'Fragilis' do valdeorrés Iván Prieto; mentres que na galería Vilaseco o día servirá para presentar 'Las flores más caras' do artista madrileño Eduardo Martín del Pozo. En Vigo será a galería PM8 a que sume ao cartel de ABERTO a súa exposición 'Le Visage' da artista lituana Elena Narbutaité. O día 20 engadirase á oferta a galería Marisa Marimón de Ourense coa mostra 'Friccións' da fotógrafa estradense Ariadna Silva Fernández.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Galerías de arte, Xeografía, Juana González...