
En Santiago son catro as galerías que hoxe abren dentro deste evento: a Galería Luisa Pita, presentando 'Vegetal Contenido' de Sandra Carvalho; Galería Metro, coa visita guiada da artista Paula Vicente á exposición 'Obsesionados por encajar'; Galería Nordés, inaugurando 'Cierzo. Los objetos mecidos por él' de Alberto Odériz que fará tamén visita guiada hoxe; e Galería Trinta, que abre 'Fortaleza', unha exposición que a artista Sabine Finkenauer presentará cunha visita guiada. Na Coruña a galería Moret Arta fará unha visita guiada de Juan Perdiguero sobre a exposición 'Rostros virales -Viral Faces', mentres que na Galería Vilaseco o Aberto'21 incluirá Visita guiada por Regina Giménez durante inauguración de ' Oh Be A Fine Girl, Kiss Me!" e a presentación del libro Iremos al sol, co-editado por Fabulatorio e Museo Patio Herreriano. A Galería Marisa marimón de Ourense inaugurará hoxe dentro deste Aberto'21 a exposición Lethes, de Pablo Castañeda, que incluirá unha visita guiada. En Vigo, ao mesmo tempo, a Galería PM8 / Francisco Salas presente desde hoxe 'Saturn' , unha exposición de Gabriel Borba Filho, Rosalind Nashashibi & Gintautas Trimakas.