Nove galerías de arte da Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo participan conxuntamente para inaugurar a nova tempada expositiva, que arrincará o xoves 21 de setembro con exposicións que poderán visitarse ese día en horarios especiais e a partir desa data en horario habitual. Baixo o nome 'Aberto Galicia' convértese deste xeito as inauguracións coordinadas nun evento por terceiro ano consecutivo, organizado desde a Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia CONTEMPORÁNEA e coa colaboración da Xunta. As galerías participantes neste ABERTO 23 son Dupla, Luisa Pita, Marisa Marimón, Metro, Moret Art, Nordés, PM8-Francisco Salgas, Trinta e Vilaseco. ABERTO busca fomentar a colaboración entre galerías e a visibilidade dos seus proxectos, logrando unha maior difusión, promoción, apoio e defensa da arte contemporáneo.
No relativo ás novas exposicións coas que comeza temporada, Marisa Marimón trae a Ourense a quietude e a contemplación impregnadas na fotografía de José Quintanilla. Luisa Pita presenta a un clásico do seu repertorio de artistas, o surafricano Pierre Louis Geldenhuys, que sorprenderá con 10 obras en parte inéditas que falan de ecoloxía e natureza desde unha estética excelsa. Tamén en Santiago, a Galería Metro presenta a orixinal pintura do artista multidisciplinar Pablo Orza. A Galería Trinta aposta por Antoni Miralda, do que mostrará unha selección de fotos tomadas polo artista entre os anos 60 e 90. Na instalación de Rodríguez-Méndez na Galería Vilaseco na Coruña, o artista trae en 'Antes, a fatiga' as idades dunha presenza insistida, coa vontade do regreso e o requiro. Tamén na Coruña, a galería Moret Art achegaranos á singular pintura de Xurxo Gómez-Chao. Nordés aposta pola orixinal proposta de Rubén Ramos Balsa, artista compostelán que vive e traballa en Singapur desde 2008 e cuxo discurso trata sobre a tecnoloxía, a ciencia e a súa integración na arte. A Galería Dupla, pola súa banda, reúne a dous nomes coñecidos da pintura: Yolanda Dorda e Roberto González Fernández atópanse na mostra 'Eros e Tánatos'. Alí, a carga erótica das obras de Dorda contrastará co ambiente apocalíptico de González. A Galería PM8/Francisco Salas, de Vigo, que destaca polo seu percorrido e recoñecemento internacional, ofrecerá ao público a colectiva de Martha Araùjo, Gabriel Borba Filho & Rosalind Nashashibi titulada Remove Walls.