A Deputación de Ourense daba a coñecer este 24 de xuño o fallo das residencias literarias que levarán a cinco creadoras e creadores nadas na provincia a outros tantos destinos para desenvolver a súa escrita. O comité de selección desta iniciativa, que a institución provincial promove canda a Residencia Literaria 1863, escolleu a Arancha Nogueira, Iria Piñeiro, Cándido Paniagua, Rochi Nóvoa e Alexandre Corbillón como beneficiarios destas bolsas.
Segundo adianta a Deputación, as sinaturas seleccionados foron Arancha Nogueira, "que viaxará a Croacia cun proxecto a cabalo entre o ensaio e a novela de autoficción", a poeta e actriz Iria Piñeiro, que terá Mojácar como destino da súa estadÃa na segunda quincena de xullo, e o narrador e profesor de Xinzo de Limia Cándido Paniagua, que visitará TurquÃa para avanzar nunha novela. Rochi Nóvoa, pola súa banda, desenvolverá en Polonia "unha proposta de obradoiro de creación literaria orientado á rapazada", mentres Alexandre Corbillón, de 18 anos, irá a Islandia a traballar no que será o seu segundo poemario.
O comité de avaliación estivo composto por Chus Pato, LuÃs González Tosar e Xosé Benito Reza, co vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e a directora da Residencia Literaria 1863, Yolanda Castaño, quen actuou como secretaria do xurado, con voz pero sen voto. O xurado acordou "outorgar bolsas capaces de afianzar traxectorias xa consolidadas, dar impulsos definitivos a outras en camiño e ata ofrecer unha valiosa oportunidade a un autor novel, valorando a diversidade e calidade das propostas".