A Coruña convoca a primeira residencia literaria de conciliación

É un dos programas da Residencia Literaria 1863

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A concelleira de Igualdade, Nereida Canosa, o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, e a poeta Yolanda Castaño. Foto: concello da Coruña

A concelleira de Igualdade, Nereida Canosa, o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, e a poeta Yolanda Castaño. Foto: concello da Coruña

O concello da Coruña presentou onte a primeira Bolsa de residencia de Conciliación para nais escritoras (ou principais coidadoras). A iniciativa terá lugar na Residencia Literaria 1863, dirixida por Yolanda Castaño, e conta co financiamento de varias concellerías do concello da Coruña. A convocatoria está aberta desde hoxe no web do concello da Coruña ata o 31 de maio. A persoa seleccionada gozará dunha estadía do 1 ao 30 de agosto de 2025 na residencia, con desprazamento, aloxamento, manutención e "o traslado e coidado dun dos seus fillos ou fillas. O menor disporá, de balde, dun servizo municipal de conciliación". É a primeira residencia literaria convocada en Galicia que inclúe este servizo.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

1863: Residir no internacional

1863: Residir no internacional

O proxecto de residencia literaria de Yolanda Castaño combina a creación coa proxección exterior da nosa cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Yolanda Castaño

Claves

Protagonistas
Lugares