En abril deste 2019 abría as súas portas unha nova e ambiciosa proposta de residencia literaria no noso país. Da man da poeta Yolanda Castaño, o proxecto 1863 nace cunha decidida vocación internacional e coa vontade de favorecer a creación desde un espazo privilexiado na cidade da Coruña.
A iniciativa, como outras deste tipo existentes no país, xurdiu do coñecemento de experiencias similares no exterior. Neste caso, das estadías que a propia Yolanda Castaño desenvolveu en diferente lugares. "Tiven varias oportunidades de ser bolseira como escritora en residencia no estranxeiro. Debo ser das autoras galegas que máis coñeceu esta realidade no país", explica. Estadías en Rodas, Munich, Beijing ou Escocia entre 2011 e 2016 "abríronme aos ollos a un novo xeito de contribuír á creación alén do sistema de incentivos máis implantado en Galicia, que pasa basicamente polos premios literarios. Hai diferente xeitos de apoiar a creación literaria, aínda que aquí descoñecemos esta fórmula que resulta moi rendible en moitos países".
Apoiar o traballo en marcha
Para a autora unha das grandes diferenzas deste sistema afecta ao propio acto creativo. Cos premios "o apoio chega despois de que unha fai ese esforzo individual e persoal para tirar adiante un libro, sacándolle tempo ás horas de sono, de lecer ou da familia. Son un recoñecemento a posteriori. E ás veces trataríase de que se nos achegase o tempo, o espazo e as condicións para que puidésemos desenvolver a nosa obra de creación". En particular para Castaño en Galicia existen eivas importantes no xeito no que se considera o traballo literario. "Hai enormes carencias na nosa política cultural, non se recoñece este labor ata que os autores están falecidos. Non se considera que con esta tarefa está a se contribuír a un patrimonio que posúe un rol crucial na construción nacional". Fronte a isto, "unha residencia é unha paréntese dedicada especificamente á creación literaria. Un lugar onde levas un proxecto literario na cabeza e no que te podes sentir escritora as vinte e catro horas do día. Onde te afastas das túas obrigas diarias e das distraccións nun espazo co que non tes vínculos e que non posúe tantas connotacións e significados como a contorna habitual", destaca a salientar as oportunidades que achega este tipo de experiencia á creación. "Para min resultou enormemente estimulante e inspirador. Afastarse da zona de conforto é fundamental".
Unha aposta independente
Para a posta en marcha da iniciativa, Castaño tentou implicar diferentes administracións. "Ante o seu desinterese decidín montalo pola miña conta. Supuxo o maior investimento da miña vida, tanto a nivel económico como de tempo e esforzo", explica. "Para min o espazo tiña que ter unha serie de características. E atopamos un axeitado na Coruña. Trátase da primeira planta dun edificio histórico construído en 1863, ano da publicación de Cantares Gallegos e situado a dous portais de onde se fundou a RAG, a poucos metros de onde se reunía a Cova Céltica e da casa de Emilia Pardo Bazán". Canda a isto, a proximidade á biblioteca provincial, ao Teatro Rosalía de Castro ou as vistas á dársena do porto son outros aspectos positivos da localización. "Fixemos unha rehabilitación pensada para o traballo de creación, a procurar un equilibrio entre a calma e o sosego e un certo estímulo da man das paredes de pedra ou as trabes de castiñeiro". Do mesmo xeito, o vagar da rúa peonil na que está a casa mestúrase coa intensa vida cultural da cidade na que "integramos as persoas residentes tanto como desexen".
A dinamización
O formato de residencias consisten en estadías dun mes ou un máximo de dous neste espazo, un tempo no que "os autores poden darlle o impulso definitivo á súa novela, bosquexar o seu poemario ou afondar na súa escrita dramática". Canda á dispoñibilidade dun espazo pensado para a creatividade, os visitantes teñen "acceso ás bibliotecas próximas, encontros con outros autores e unha serie de beneficios culturais como visitas guiadas a casas museos, convites a espectáculos de teatro ou danza e a concertos de diferentes estilos, así como a outras manifestacións culturais que lles poidan resultar inspiradoras", explica Castaño. Para favorecer esta experiencia, desde a organización "desenvolvemos convenios con diferentes institucións culturais da cidade que colaboran na iniciativa. Tamén poden amosar o seu traballo en clubs de lectura, librarías ou outros foros".
O percurso
Desde a primavera pasada pasaron pola residencia o chileno Raúl Zurita, a dominicana Elizabeth Villamán e a filipina Jessica Zafra, "e xa están en andadura convenios con outras entidades", sinala Castaño. Á hora de financiar estas estadías, a vocación internacional do proxecto permite cubrir os custos. "Funcionamos a través de convenios de colaboración con institucións estranxeiras dedicadas á promoción das letras. Patrocinan a viaxe, a estadía e proporcionan un cartos de peto para que os escritores poidan vivir aquí durante ese tempo", lembra a promotora. "A colaboración con administracións locais posibilitan que estas residencias se desenvolvan en intercambio a enviar autores galegos fóra e recibindo autores destes países". As negociacións para conseguir este tipo de acordos "son lentas, en ocasións as conversas alónganse ao longo de todo un ano". Nese labor "cómpre contar cunha rede internacional importante", que Castaño leva creando "desde hai 25 anos" a través de diferentes experiencias con autores e organizacións de fóra do noso país.
Internacionalización
Precisamente a vocación internacional é outra das perspectivas coas que naceu 1863. "É outra das carencias históricas da nosa política cultural. Hai grandes dificultades para os nosos autores saír ao exterior. Ante a falta dun instituto nesta liña e de interese cara a esta internacionalización tentamos pór o noso gran de area para a proxección exterior e situar Galicia no mapa de intercambios literarios ao longo do globo", asegura. Para a autora, "o vínculo que estableces co lugar no que te mergullaches durante a túa creación é moi especial, resulta unha relación diferente da que se pode ter con outros lugares. As persoas que estiveron aquí recoñéceno, levan na súa memoria emocional a Galicia e a cultura galega. Moitas veces persoas que descoñecían totalmente a nosa cultura voltan á súa casa totalmente namoradas e cun interese moi grande en todo o que se produce aquí. E os escritores son auténticos altofalantes e embaixadores da nosa cultura".
En desenvolvemento
A falta de tradición deste tipo de iniciativas no noso país supón unha pexa para o desenvolvemento de 1863. "Ás veces é difícil transmitir os beneficios deste modelo aos poderes público e a empresas privadas. Non teñen claro canto se pode gañar e canto contribúe á creación este modelo. Outros patrocinios como os orientados á produción escénica e audiovisual están máis estendidos, pero a creación literaria está asumido que fai parte do esforzo do propio autor", asegura a promotora do proxecto. De cara ao futuro asegura estar "moi ilusionada e optimista" e con moitos contactos e marcha que aseguran novas estadías para o proxecto e novos embaixadores para a nosa cultura.