A editorial Axóuxere comanda a residencia literaria en activo máis veterana no noso país. Un encontro para escritores/as e pensadores/as que este ano inicia unha nova etapa e que leva a unha casa de Rianxo persoas de todo o mundo coa intención de que desenvolvan o seu traballo nun contexto de comunidade.
O pasado dez de xullo dábase a coñecer o fallo da nova edición da Residencia de escritoras/es e pensadora/es de Rianxo. Desta volta foron cinco as propostas seleccionadas, tres orientadas á creación literaria e dúas ao pensamento. María Ovelar desenvolverá "un proxecto narrativo que pretende explorar os límites da novela posmoderna e o carácter metaliterario da escrita" e Marina García López avanzará no seu estudo sobre " a influencia do traballo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Dieste no rumbo das artes gráficas riopratenses cara á modernidade" durante os meses de verán. De cara ao outono Henrique Yuichi Komatsu traballará no seu proxecto de escrita poscontemporánea, "na liña de autores como Lydia Davis, Donald Barthelme ou Pierre Bettencourt, que camiña nas marxes do expresable, transitando a borda na que a linguaxe tenta falar do tecido do real", mentres Joelle Saliba aborda a súa tentativa de escribir "desde a distancia e o exilio, a través de fragmentos autobiográficos, sobre o lugar perdido da súa infancia, o suburbio de Karantina, en Beirut" e Raquel Ferrández avana na tradución sánscrito-galego do Spandakārikā ("Estrofas da vibración") de Vasugupta (s. ix d.C.), obra clásica do shivaísmo tántrico de Caxemira.
Os nomes
Os nomes destas cinco persoas súmase á xa longa listaxe de autores e autoras que participaron nesta iniciativa nos últimos anos. Bettega Barbosa, Chiara Bertin, Elisa Iglesias Gil, Elena La Sen, Elías Portela, Nerea Pallares, Keith Payne, Jamila Medina Ríos, Guillermo Rodríguez Alonso, Marcelo Barbosa Alcaraz, Ismael Crespo Amine, Pier Franco Brandimarte e Yendi Ramos Ojeda foron os nomes que pasaron pola casa nas sucesivas edicións do proxecto a desenvolver as súas propostas no campo da escrita ou do pensamento. Esta selección é a primeira da nova xeira da residencia que convoca cada ano Axóuxere Editora, que este ano contou por vez primeira co apoio da Deputación da Coruña ademais de co do Concello de Rianxo. Segundo explica Roberto Abuín, un dos responsables do proxecto, "a idea comezou xa a finais de 2011 e puxemolo en marcha no ano seguinte". Logo dunha pausa nas edicións de 2015 e 2016, retomouse e neste 2019 comezou a nova etapa coa Deputación da Coruña a se sumar ao Concello de Rianxo que apoia a iniciativa desde as súas primeiras edicións". O proxecto foi incluído o pasado ano no Banco de Proxectos de Boas Prácticas na Xestión Cultural que organizou a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Culturais e da Deputación da Coruña.
A orixe
Na orixe desta convocatoria está en boa medida o coñecemento doutras iniciativas similares fóra do país. "Eu xa coñecera moitas experiencias semellantes en diferentes partes do mundo, especialmente en América Latina", lembra Abuín. Canda a isto, os membros da editora desenvolveron de xeito informal actividades nesta liña de xeito previo ás convocatorias oficiais. "Atopamos a casa na que se fai actualmente a residencia e comezamos a convivir con amigas e amigos que se dedican a proxectos semellantes ao noso. Xente de México ou de Francia que viñan pasar un tempo onda nós. E pensamos en expandir isto e facelo accesible a unha comunidade non inmediata, cara a outras persoas ou seres que estaban na mesma necesidade que tiñamos nós de atopar un espazo coma este". Á hora de formalizar a iniciativa "comezamos a procurar un espazo onde se puidesen alicerzar estas inquedanzas de persoas creadoras en conexión coa comunidade nun contexto rural. Pensamos en varios lugares e finalmente apareceu Rianxo. Algunhas das persoas da editora somos do lugar e pareceunos un encaixe bo, ten unha tradición cultural e política e unha consciencia bastante sólida do factor do comunitario".
Subsistencia, tranquilidade e contacto
O local finalmente escolleito apareceu como unha boa opción. "A casa resulta un contexto idóneo. Está onda a praia, pódese ir andando ao centro da vila, hai tenda preto e ata sitios para xantar", explica a nivel práctico. "Moitas veces as persoas residentes quedan soas na casa, mesmo semanas enteiras. Teñen de man xente de organización por se precisan algo. E logo outros días aparece xente por alí, e os residentes introdúcense nas conversacións, conviven. Teñen a opción de vivir con total independencia ou de conectarse á vontade cos fluxos que van pasando pola casa". Estas variacións teñen o seu interese, segundo destaca este editor. "Vese como estas persoas que durante un tempo de traballo intensificaron a súa creación teñen a necesidade de conversar, comentar o que están a crear. Para nós é como asistir a primicias, contan inquedanzas, apuntan os seus problemas intelectuais e literarios, conflitos de forma ou de estilo. E de aí acaban saíndo debates interesantísimos, nos que aprendemos uns dos outros". Segundo apunta, para xestionar este tipo de iniciativas desde a organización, "cómpre saber estar, ter unha ética de coidados cos que chegan. Co tempo tamén vas aprendendo formas de relación e afinando os modos, aprendes o que o outro pode precisar e antes de o pida xa llo podes achegar, o cal a nivel humano resulta moi reconfortante".
As posibilidades
A aposta por espazos de encontro deste tipo reponde, para Abuín, ás propias características do acto de creación. "Un creador ou creadora ten unha vontade de creación propia e hai un momento no que a moitas persoas lles acontece que hai como un plus, un excedente de forza que lle pide religarse co comunitario, procurar un espazo fraternal no que vivir. Hai unha forza que brota do acto creador que tenta incluír a outro neste factor. A evolución dáse entre moitos e ao compartir". A seguir esa idea, as residencias de Axóuxere contemplan sempre un aspecto colectivo. "É importante facer unha distinción de conceptos. Eu vin moitos espazos para o pensamento e a creación e resultan moi diferentes aqueles que teñen un concepto personalista e privativo do coñecemento cultural fronte a propostas de cooperativismo comunitario onde se crea unha cultura compartida. Neste caso trátase de contar cun espazo de intercambio onde o privativo desaparece e se desenvolve unha ética de compartir e de mutua aprendizaxe".
A interacción
No entanto nas residencias de Axóuxere non hai obrigatoriedade de interactuar. "Os creadores están á súa vontade. Interactúan se queren e cando queren, ou poden ficar illados. Nós entendemos que os escritores e escritoras precisan soidade, tempo e espazo para a introspección. Aquí hai tamén un soporte humano co que poden ter relación cando o precisan. Ese contexto comunitario non significa que as persoas estean nunha exposición constante. Queremos propiciar lugares e espazos onde se dea un acubillo poético e creativo. Aquí tentamos que a persoa atope un lugar onde silenciar a súa mente e se atopar. João Tordo, novelista portugués, escribiu aquí case integramente a súa Biografia involuntária dos amantes. Na novela aparecen historias que lle contamos aquí. Dicía que en ao chegar escribiu nunha semana mais do durante medio ano en Lisboa. Javier Serena, que estivo o parado verán, dicía que non cría. Tamén Sanguinetti levaba moitísimo tempo a pensar no seu libro pero non o daba feito, e aquí acabouno nun mes".
A conexión comunitaria
Na liña de conectar coa comunidade que manteñen estas residencias, as persoas que participan deben impartir un seminario e unha presentación pública. "O autor non ten a obriga de dar a coñecer nada daquilo o que está a traballar. O único que se lle pide é dar un seminario de tres días, aberto e gratuíto", que pode adoptar diversas formas, desde un curso de escrita creativa a obradoiros. "Logo tamén ten que impartir unha conferencia, unha lectura ou unha conversa pública" en Rianxo. Desde este ano, coa participación da Deputación da Coruña, as bases inclúen tamén que os residentes deben estar abertos a facer actividades deste tipo en centros da provincia que o soliciten. "Moitas residencias funcionan así, aínda que o máis habitual é que o escritor pague por participar", explica Abuín. Estas proposta, segundo asegura, funciona moi ben. "Créase unha consciencia compartida moi interesante, vén xente de fóra e aparecen unha intensidades e unhas amizades impresionantes". Outra peculiaridade do proxecto é que non se solicita un currículo, e que solicitantes cunha extensa carreira poden ter as mesmas oportunidades que persoas que inician os seus proxectos creativos. "Pedimos un texto autonarrativo. Quen queira optar a unha residencia ten que falar de si mesmo e explicar o seu proxecto, en que vai traballar. Pódenos interesar máis xente sen título que expresa paixón pola escrita que persoas que teñen moito currículo".
O interese
Na actualidade, segundo apuntan desde Axóuxere, semella darse unha certa proliferación de propostas deste tipo. "Estamos a ver casos de xente moi nova, sobre todo vencellada á música, que acolle nos seus contextos familiar e rural espazos para facilitar ou intensificar as actividades creadoras nas que están inseridos", sinala, e amosa o seu desexo de que "ogallá aparezan máis propostas. Cando comezamos nós non había nada así, e moita xente comentaba que era un proxecto raro. Pero non é tan difícil, sobre todo é cuestión de vontade. Aledámonos de ver que este pulo prendese nalgúns lugares queiran facer cousas semellantes. A nós parécenos algo moi benéfico, axuda a vertebrar redes comunitarias máis intensas vencelladas co creativo, xera un contexto cultural que incide na apertura de ámbitos para potenciar o feito creador. Pensamos que calquera dinamización deste tipo do factor comunitario da cultura sen dúbida é benéfico como un todo".