O tradutor Florian Weber obtén a Residencia Xacobeo

Traducirá ao alemán unha antoloxía da poesía de Estíbaliz Espinosa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O tradutor Florian Weber obtén a Residencia Xacobeo

O filólogo e profesor da universidade de Kiel Florian Weber obtivo a residencia Xacobeo, coa que poderá albergarse na Residencia Literaria 1863 localizada na Coruña. Esta residencia busca promover a tradución da literatura en galego para incrementar a súa proxección exterior. A convocatoria promóvese pola Xunta e a Residencia Literaria 1863, dirixida por Yolanda Castaño. Florian Weber fará unha "tradución ao alemán dunha escolma representativa da obra de Estíbaliz Espinosa, unha das voces máis singulares e innovadoras da poesía galega contemporánea". Weber será o sexto traductor que aproveite a convocatoria, tralos estadounidenses Jacob Rogers, Kathleen March e Lindsay Semel, o letón Arvis Viguls e o asturiano Inaciu Galán.

Que che parece esta nova?
182 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

1863: Residir no internacional

1863: Residir no internacional

O proxecto de residencia literaria de Yolanda Castaño combina a creación coa proxección exterior da nosa cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estíbaliz Espinosa, Kathleen March, A Coruña

Claves

Lugares