A Deputación de Ourense e o centro Residencia Literaria 1863 ofrecerán en 2022 cinco bolsas para escritores ourensáns que terán como finalidade fomentar a creación literaria e o perfil internacional dos autores e autoras da provincia, facilitando a residencia durante un mes en paÃses como Islandia, TurquÃa, Polonia, Croacia ou mesmo noutros puntos de España. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, acordaron abrir esta vÃa de colaboración tras un encontro mantido no Pazo Provincial. O centro Residencia Literaria 1863, que a propia Yolanda Castaño dirixe na Coruña, será o encargado de coordinar o desenvolvemento das cinco bolsas, que serán convocadas pola Deputación de Ourense mediante o modelo de concorrencia competitiva.
En retiros individuais para a escrita ou ben en espazos que tamén propician o intercambio con outros creadores, estas residencias no exterior levaranse a cabo en lugares como a campiña polaca, a cidade turca de Bursa, a paisaxe do suroeste islandés, a capital da costa dálmata ou as aforas de Mojácar. Para acceder ás bolsas, todos os escritores interesados deberán presentar a memoria dun proxecto de escrita creativa de calquera xénero literario, incluÃndo narrativa, poesÃa, teatro, ensaio, literatura infanto-xuvenil e ata tradución literaria. Ademais deste proxecto, a desenvolver durante a estadÃa, entregaranse currÃculos, mostras do traballo e unha carta de motivación, materiais que o comité de avaliación revisará para escoller os cinco beneficiarios. As bases da convocatoria serán publicadas no BoletÃn Oficial da Provincia (BOP) e na web da Deputación de Ourense.