Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

Unha figura internacional abrirá en vindeiras datas 1863

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

A rúa coruñesa Rego da Auga acolle a sede de 1863, a Residencia Literaria que acaba de pór en marcha a poeta Yolanda Castaño. A autora, que presentaba onte esta iniciativa, propón "un espazo que se enfoca por enteiro ao traballo creativo" nun edificio construído no mesmo ano en que se lanzou Cantares Gallegos que, segundo sinala, integra "as doses necesarias de sosego e estímulo para avivar a inspiración". O proxecto pretende promover "a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega" e irá asociada a un programa de bolsas de creación no estranxeiro que achegará a escritores e escritoras de todo o mundo á Cidade Herculina en estadías dun mes de creación.

Segundo adiantou a promotora, "o primeiro convidado será unha das meirandes figuras da literatura internacional", que obtivo Premio Nacional do seu país e resulta unha "figura histórica da literatura de ámbito hispanoamericano", e cuxo nome se dará a coñecer en vindeiras datas. Castaño apunta que "ante a falta de circuítos e as eivas históricas existentes na política cultural en materia de proxección exterior –nomeadamente, da nosa escrita– esta iniciativa abre novos e crecentes horizontes dende a militancia sensible de quen sabe o que é abrirse paso no oficio literario procurando a súa dignificación".

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

1863: Residir no internacional

1863: Residir no internacional

O proxecto de residencia literaria de Yolanda Castaño combina a creación coa proxección exterior da nosa cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Yolanda Castaño, Literatura, Cantares Gallegos, Escritores...