Iria Collazo gaña a primeira bolsa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia

Desenvolverá un proxecto de creación literaria en Tblisi

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Iria Collazo gaña a primeira bolsa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia

Iria Collazo, profesora de secundaria do IES As Barxas (Moaña), foi a gañadora da primeira bolsa do programa de intercambio cultural entre escritores galegos e xeorxianos promovida pola Consellería de Cultura coa colaboración da Residencia Literaria 1863. Collazo, que ten publicado novelas, libros de relatos, obras de literatura infantil e poesía, desenvolverá en setembro na Writer's House de Tblisi uha historia sobre "dous consogros, unha sorte de road trip rural embargada pola nostalxia". O obxectivo do programa "é contribuír á proxección exterior da literatura galega". En virtude do mesmo programa, un escritor xeorxiano realizará o propio na Coruña, pasando un mes na Residencia 1863.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

1863: Residir no internacional

1863: Residir no internacional

O proxecto de residencia literaria de Yolanda Castaño combina a creación coa proxección exterior da nosa cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Poesía, Secundaria...