Os irmáns Xosé e Ramón Trigo presentan a novela gráfica Casa Queimada

A obra fai parte dun proxecto multidisciplinar que integra escultura, pintura, ilustración e audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Os irmáns Xosé e Ramón Trigo presentan a novela gráfica Casa Queimada

A historia dunha casa destruída pola vaga de lumes de 2017 e da súa reconstrución para a transformar nun espazo dedicado ás artes. Esta é a premisa da novela gráfica Casa Queimada que os irmáns Xosé e Ramón Trigo presentan na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo este 28 de xuño ás 19 horas.

Este proxecto autoeditado, que conseguiu máis de 8.000 euros nunha campaña de crowdfunding, "percorre o camiño da construción, o incendio e a recuperación da Casa Queimada e a súa contorna, a través das ilustracións e os textos". Cun total de 72 páxinas artelladas en catro capítulos, este traballo dos irmáns Trigo aposta pola clave poética para narrar a historia da desaparición e resurrección deste espazo situado á beira do mar nas proximidades da Guarda.

Ademais da banda deseñada, a proposta inclúe esculturas realizadas con madeiras de crebas, ilustracións e a propia posta en marcha do espazo de creación artística no inmoble. De cara ao futuro, e alén de desenvolver unha programación de actividades no lugar, os autores prevén completar un documental centrado na posta en marcha deste novo proxecto creativo.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Trigo, Vigo, Documental, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas
Lugares