Hoxe ábrese ao público na planta baixa do MARCO de Vigo a exposición PANTOQUE, proxecto creativo multidisciplinar, desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada que ocupará ese espazo ata o vindeiro 31 de marzo de 2019. A idea primixenia de PANTOQUE é a realización dun proxecto artÃstico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro. En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller a Astilleros Armada. AlÃ, durante doce meses convivirá cos traballadores reinterpretando a actividade do estaleiro peneirada pola súa visión plástica. Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vÃdeo e fotografÃa toda a acción. O proceso convérteos nun só home. O artista e a súa sombra. Dúas formas visuais de narración onde a pintura suxire e o vÃdeo e a fotografÃa documentan. As dúas linguaxes interrelaciónanse na busca dun lugar común. Xunto ás obras en exposición —pintura, debuxo, escultura, fotografÃa, vÃdeo—, a mostra inclúe unha intervención de Ramón Trigo nun dos muros. Unha obra en proceso que se prolongará no tempo, con intervencións periódicas por parte do artista, dende a semana inaugural ata a data de clausura.