Isabel Pintado explora a plástica dos libros no Museo do Pobo Galego

Estará aberta ata o 6 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto: Xunta

Foto: Xunta

O Museo do Pobo Galego inaugurou a exposición "Mar de libros", na que amosa o traballo da artista plástica Isabel Pintado, baixo comisariado de Antón Castro, no que os libros ocupan o espazo principal dos cadros que forman parte dos fondos da artista, así como de coleccións particulares de Galicia, Madrid e Portugal. A exposición, que está financiada co Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, conta tamén cunha sección de libros intervidos nos que "o traballo plástico enténdese como unha combinación entre pintura e literatura". A exposición estará aberta ata o 6 de decembro.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Antón Castro, Literatura, Xacobeo...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares