Unha mostra asómase ao pasado do conxunto arqueolóxico de Santomé

Estará aberta en Afundación Ourense ata o 8 de marzo de 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Museo Arqueolóxico de Ourense inaugurou onte na cidade a exposición Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural na sala de exposicións Afundación. Estará aberta ata o 8 de marzo de 2020 e amosa os resultados de sucesivas campañas de excavación no castro de Santomé, ubicado nun esporón do río Loña e a só tres quilómetros da cidade de Ourense. Santomé é un castro do final da Idade do Ferro no que se pode observar a continuidade do hábitat na proximidade dalgúns castros en época altoimperial e, de maneira notable, na antigüidade tardía. A exposición, que estará aberta ata o 8 de marzo de 2020, permite coñecer o principal conxunto de achados deste sitio arqueolóxico galaicorromano que tamén é un destacado espazo natural e paisaxístico.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un puñal cravado á memoria

Un puñal cravado á memoria

O Museo Arqueolóxico de Ourense dá a coñecer unha singular arma celtíbera localizada no castro de Santomé

Turismo na porta da casa

Turismo na porta da casa

Unha empresa ourensá abre un servizo permanente de visitas guiadas ao castro de Santomé

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Exposicións, Idade do Ferro, Museo Arqueolóxico de Ourense...