Turismo na porta da casa

Unha empresa ourensá abre un servizo permanente de visitas guiadas ao castro de Santomé

5/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Visita guiada a Santomé. Fotografía: Xeitura

Os membros da empresa de xestión cultural Xeitura decidiron facer un experimento nas rúas de Ourense para comprobar cantos veciños coñecían a existencia do conxunto arqueolóxico musealizado de Santomé, un importante sitio arqueolóxico inmediato á cidade con restos da Idade do Ferro e de época romana. As respostas foron demoledoras: de cen enquisados, só dez sabían do lugar, e dentro deses dez, só o visitaran catro. Ante a desaparición do servizo público de información no lugar, a empresa creou un servizo permanente de visitas interpretativas a prezos moi populares. O obxectivo, axudar á conservación do lugar grazas ao seu coñecemento pola veciñanza.


Vídeo que resume o experimento

Xeitura iniciou o servizo a semana pasada, cunha modesta asistencia de público, pero que revelaba un interese na iniciativa. Como sinalan no blog da empresa: "unha análise detallada dos perfís dos participantes indican que todos coñecían Santomé con anterioridade. Seguimos dándolle aos miolos por ver como chegar ao 90% restante. E podemos asegurarvos que o conseguiremos".

O Conxunto Arqueolóxico de Santomé é un interesante espazo cultural e natural ao carón do río Loña, no que canda unha fortificación da Idade do Ferro, se poden apreciar no exterior edificacións romanas do século I d.C. que foron reocupadas, tras cen anos de abandono, no século III d.C.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

02/12/2021

Un puñal cravado á memoria

O Museo Arqueolóxico de Ourense dá a coñecer unha singular arma celtíbera localizada no castro de Santomé

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Idade do Ferro, Ourense, Arqueoloxía

Claves

Lugares