Sergio Moure presenta o álbum da súa Sinfonía Bergantiños

A obra está publicada en álbum e dispoñible nas plataformas dixitais

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O compositor Sergio Moure

O compositor Sergio Moure

O compositor coruñés Sergio Moure, especializado en bandas sonoras, presentou a edición en formato CD da súa Sinfonía Bergantiños, unha obra en tres momvemtnos titulados Lembranzas, Sisargas e Carballo. Foi na sede da SGAE en Santiago de Compostela e contou coa participación de representantes políticos e xestores de Carballo. A obra está tamén dispoñible para a súa escoita de balde en Spotify. Moure, recoñecido compositor de bandas sonoras para cine, expresa na Sinfonía a súa memoria de infancia ao redor das terras de Bergantiños e Carballo, e compón unha obra chea de ritmo épico e con chiscadeiras á música tradicional galega e as cantareiras. A Sinfonía Bergantiños está interpretada pola Orquestra Gaos.

Que che parece esta nova?
161 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinfonía, Bergantiños, Carballo, Cine...