O compositor Sergio Moure creará unha sinfonía sobre Bergantiños

O Concello de Carballo apoia a creación da peza, que se presentará en primavera

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Sergio Moure e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. Fonte: Concello de Carballo.

Sergio Moure e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. Fonte: Concello de Carballo.

Unha grande sinfonía sobre Bergantiños e Carballo. Este é o proxecto no que se embarca o compositor Sergio Moure de Oteyza e que presentaba este 27 de setembro no Concello de Carballo. O municipio apoiará o proceso de creación da obra que, segundo adiantou o músico, está "dedicada a esta terra, lugar da miña infancia e dos meus recordos" e xorde como unha aposta persoal, ademais de responder a unha vella demanda do seu propio pai.

O proxecto, que levará no título nome de Bergantiños, pretender evocar os lugares da comarca e os sentimentos do propio compositor, que viviu en Carballo ata os 13 anos. Moure é recoñecido internacionalmente como compositor de bandas sonoras para cinema e televisión, onde acumula máis de cincuenta proxectos.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinfonía, Bergantiños, Concello de Carballo, Cine

Claves

Conceptos