Primavera EnDanza volve achegar o baile contemporáneo a todos os públicos

O ciclo desenvolverase do 17 ao 30 de abril en Carballo

8/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: danzaespectaculos
23 lecturas | Compartido 0 veces

A mostra Primavera enDanza de Carballo celebrará a súa décimo terceira edición do 17 ao 30 de abril cunha carteleira de cinco espectáculos (catro deles, galegos) e distintas actividades paralelas de achegamento á danza contemporánea. Este ciclo está organizado pola Consellería de Cultura, xunto co Concello de Carballo, e tamén conta coa colaboracion da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Nesta nova entrega de Primavera enDanza de Carballo, serán catro as compañías galegas participantes. As Dríadas, que presentará o 17 de abril o espectáculo de hip-hop A Orixe; Entremáns, que representará a peza para público infantil Xoga o domingo 19. O venres 24 será a quenda de Pisando Ovos, no que Rut Balbís interactúa con 25 cadeiras para interpretar Que volvan as flores; e o Colectivo Fume coa creación Fume, presentará unha proposta que mestura sombras, cine e danza sobre o escenario o sábado 25.

Tamén está prevista para o xoves 30 de abril a montaxe Lowland, da compañía catalá de Roser López Espinosa, colaboradora de figuras como Cesc Gelabert ou Ángels Margarit e de presenza habitual en destacados festivais de España, Holanda, Alemaña, Italia, Canadá ou Xapón.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Carballo, Espectáculo, Axencia Galega das Industrias Culturais...